sábado, 3 de marzo de 2007

Habemus PP (en Vedra)

O PP de vedra é un partido aberto. Tan aberto é que a xente entra e sae del constantemente. E non me refiro só a que cambien de "cabeza" de lista (ou de listo) constantemente, cousa esta que lle pasa a todos os partidos que non gañan eleccións. Non, a cousa é que un que hoxe está no PP de Vedra, mañá estará nunha candidatura independente e viceversa.

No PP de Vedra estivo un tal Mogo, que se apresentou as eleccións con candidatura independente, sacou tres concelleiros e despois se pasou ao PP. Os do PP que xá estaban se cabrearon ao ver que Mogo lles pasaba por encima, pero aguantaron mentres foi alcalde.

Os cuatrienios triunfais do PP de Mogo acabaron cando outra candidatura independente, AVIVE, decidiu que en Vedra había que avivar (ollo, lema de campaña real eh?: "Vota AVIVE: porque en Vedra hay que avivar"). Tanto avivaron que sacaron tres concelleiros e pactaron co PSOE o reparto dos catro anos de alcaldia: 2 anos patí e 2 pamín.

Os de AVIVE ainda se apresentaron a outras eleccións, sacaron 2 e despois se uniron ao PP, que xá estaba sen Mogo e "reformado". Mentras tanto algúns dos clásicos do PP decidiron deixalo por non sei que asuntillo de unhas listas electorais caciquís, e decidiron montar a sua propia candidatura independente.

Agora o PP de Vedra, novamente reformado, ten un blog tan participativo que non lle fan falta os comentarios (mirar pero non tocar) e, sobre todo moi modelno. Claro que a idea que teñen de modernidade no PP é un pouquiño "original": Se tes tetas e pos o logo do PP encima delas entón eres moderno!!!. Segundo din as fotos se corresponden coa "desafiante apertura e conquistas da muller dentro da nosa sociedade". A cousa é de humor, seica.

Teño curiosidade por ver o slogan da campaña do PP de Vedra. Mentres tanto, se vos parece podemos facer algúnhas suxestións:
  • Vota PP, majete.
  • Ala bin, Ala ban, Ala binbonbán, pepé, pepé, mola más. (Este é moi integrador cas culturas árabes).
  • Por unha Vedra molona que te cagas: vota PP
  • .......

2 comentarios:

Anónimo dijo...

non ten que ver pero o intrépido alcalde viaxeiro do excelentísimo concello de Vedra, o noso D. Odón Casimiro Cobas Garcia, xa prepara para a súa próxima vista a Bos Aires (xa van tres ou catro no último ano), unha super fotocopiadora portátil así como o seu ordenador portátil última xeración (non confundir con novas xeracións...) para facerlles un favor aos nosos veciños da diáspora, e facilitarlles o papeleo a hora de censarse... mal pensados, que sodes uns mal pensados, que coincidan agora as eleicións municipais é casualidade.

Que o faga o presidente da diputación de Pontevedra na sardiñada de Montevideo tá claro que é unha cacicada, pero que o faga un socialista de pro é un acto de xustiza, por favor, onde imos parar

PP de Vedra dijo...

Hola Manuel,

Agradecémosche á túa visita ó noso blogue e tamén que nos deixes participar no teu blogue aberto a comentarios.

Nós non vamos de 'modernitos', simplesmente loitamos a prol da normalización política en Galicia, e máis sobranceiramente, en Vedra. Estou apenado de que penses que utilizamos ás donas como xeito de propaganda. Non. É que desde este lado do choio, vemos que cando hai algún acto do PP sempre saen acenos mongoloides, xente alarmantemente senil e cousas así. Como digo, é para compensar á imaxe dos media. E puxéramolo no choio de humor porque se o decimos en serio nos caen ás hostias ata no DNI. Agora está nun outro blogue, máis intelectual ou iso queremos conquerir, onde coido que calquera pode opinar.
O tema dos comentarios, pois ben, abrímolos, que cadaquén sexa libre de opinar.
Que o PP tivo unha historia cainita? Sí, abofé. Mais agora temos un feito: somos unha xente que loita a prol de Vedra, ca mesma lexitimidade que o PSOE e o BNG. Cando sexa da Instauración do Partido Único nós xa non estaremos aquí. Namentres haxa partitocracia (sic), tentaremos levar ás nosas cotas de Poder para facer algo sustentable e estructural. Nós non podemos quedarnos a laretar sobre demagóxicas acusacións e ambientes crispados, non en Vedra. Nós non tendemos á man a ninguén, non somos Mesías. Nós somos do PP, e todo o mundo sabe que trala imaxe do PP de España, en Galicia e en Vedra hai outro PP aberto, e que traballa arreo para suplir as deficiencias de tanta demagoxia.
Evidentemente, todo isto non é flor dun día, hai que gañarse ó respeto da xente coma tí, que non cre na nosa verba profana. Perfecto. Nós cremos na disputa política, e non personal.
A nosa liña é a de facer país en Vedra, e entendemos que todos os partidos temos unha faciana pública e outra privada. Cremos que o BNG, por exemplo, ten moitas virtudes e o decimos claramente. E nos temos ás nosas, e todo o mundo as coñece: queremos que a economía vaia ben e que haxa un clima de liberdade económica e política.
Moitísimas grazas pola escoita.

ppdevedra.blogaliza.org