lunes, 19 de marzo de 2007

VIPS

Por fin!! xá era hora!! Por fin un partido político que representa REALMENTE o sentir de todo un pobo. Un partido político que identifica ás claras as prioridades da sua maneira de facer política e no que os votantes se poden sentir plenamente identificados. Sen complexos, non importa cuais sexan esas prioridades sempre e cando sexan un refrexo do que a xente pensa.
¿Acaso a xente wapa non ten dereito a unha representación política digna?
Se existen aeroportos, restaurantes e hoteis con salas VIP, ¿por qué razón non habería de existir un partido VIP?
Está claro que en Sanxenxo facía falta algo así, por algo é o destino turístico VIP por excelencia. Os habitantes de Sanxenxo poderán votar nas próximas eleccións municipais ao VIPS (Vecinos Independientes Por Sanxenxo).
¿Estaremos ante o inicio da pantojización de Sanxenxo..?
O creador de tan xenial idea é José Luis Rodríguez, con currículum de ex-alcalde, e entre as propostas electorias están a de crear un AquaPark e un Complexo Termal
Claro que tamén pode ser que as apariencias enganen, e realmente o feito de que se chamen VIPS sexa unha ironía e traten precisamente de evitar novos casos Malaya na capital pija.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

e non seran Vecinos Independientes Por Sanjenjo?

Anónimo dijo...

Non tránsito, non. Tamén hai moito VIP normativizado (non na fala, pero sí para folklores tipo "nome de partido político" e esas cousas)

Anónimo dijo...

claro, será que defenden o bilingüísmo harmónico

Elianinha dijo...

Ao mellor son reintegracionistas...

Anónimo dijo...

Agora que o BNG ten poder empezanselle a ver os colores. Si queredes ver as barbaridades dun alcalde do bloque entrade aquí e opinade vos mismos:

http://www.amigosdeaspontes.org/

Leede, leede