jueves, 18 de enero de 2007

Arranca

Xa están aquí outra vez as eleccions municipais.
Lembro que nas últimas tivemos a historia do chapapote e había un aquel por saber se os alcaldes do PP seguirían na poltrona ou non. Ao final pasou o que pasa sempre: a maioria seguiron e outros non.
Dos que seguiron uns dixeron que era porque o pobo estaba comprado e era inculto, e outros dixeron que era porque o pobo sabía o que queria e que non habia que mirar só o do chapapote.
Dos que cambiaron uns dixeron que era porque o pobo estaba farto e era soberano, e outros que o pobo non sabía o que quería e que non habia que mirar só o do chapapote.
E no medio de todo esto estaban os independentes. Os independentes se chaman así porque a sua ideoloxía non depende do que pensen, nin depende do que pase no concello, nin depende do que digan os veciños.
Non, xeralmente a sua ideoloxía depende do cacho que pillaran na anterior lexislatura. Así o mesmo independente pode ser de dereitas, de esquerdas ou nacionalista en sucesivas eleccións ou mesmo durante a mesma campaña eleitoral.