jueves, 18 de enero de 2007

Arranca

Xa están aquí outra vez as eleccions municipais.
Lembro que nas últimas tivemos a historia do chapapote e había un aquel por saber se os alcaldes do PP seguirían na poltrona ou non. Ao final pasou o que pasa sempre: a maioria seguiron e outros non.
Dos que seguiron uns dixeron que era porque o pobo estaba comprado e era inculto, e outros dixeron que era porque o pobo sabía o que queria e que non habia que mirar só o do chapapote.
Dos que cambiaron uns dixeron que era porque o pobo estaba farto e era soberano, e outros que o pobo non sabía o que quería e que non habia que mirar só o do chapapote.
E no medio de todo esto estaban os independentes. Os independentes se chaman así porque a sua ideoloxía non depende do que pensen, nin depende do que pase no concello, nin depende do que digan os veciños.
Non, xeralmente a sua ideoloxía depende do cacho que pillaran na anterior lexislatura. Así o mesmo independente pode ser de dereitas, de esquerdas ou nacionalista en sucesivas eleccións ou mesmo durante a mesma campaña eleitoral.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

moi boas, xa estamos en vísperas do ghran acontesemento do ano "elecións municipais 2007".

no concello de Vedra empezaron forte, o PP xa fixo o primeiro acto de precampaña coa "París de Noia", e o PSOE xa pensa na Panorama.

Este ano a cousa promete....

Anónimo dijo...

orzamentos 2007

as partidas orzamentarias estrelas son:

-asfaltado de pistas
-alumeado público (farolas)
-contenedores
e...
gastos diversos: protocolo, publicidade, festas, etc, etc.

señores e señoras, hai quen de máis!!!

Anónimo dijo...

No meu concello houbo sorpresas, cambio de candidato. Pero hai algunha máis que non se pode dicir de momento, e que só se saberá cando gañe o PP outra vez. En Boqueixón é de pena, de pena repena.
Contareino en próximos comentarios. Moito mamoneillo.
Adiante coas munisipais!!!

Anónimo dijo...

¡¡¡farolas asassinas!!!

era o que nos faltaba, que pola irresponsabelidade duns igñorantes políticos con responsabilidade, poidan pasar estas cousas (lembrame este feito ás tomas de terra da piscina municipal de Vedra, só que neste caso non houbo que lamentar víctimas, por sorte).

En fin, pais que temos....

Anónimo dijo...

OS MOZOS DO PP DE A ESTRADA POÑENSE A TRABALLAR CARA ÁS MUNICIPAIS!!

www.novasxeracionsdaestrada.blogspot.com

VISITADEA E FACEDE COMENTARIOS!!!