viernes, 23 de marzo de 2007

Tipos de voto

Pois si é certo que se pode votar de diferentes maneiras. Os sociólogos deberian estudiar máis interpretacións que as dos típicos casos de voto en branco, voto nulo ou abstención.

Dentro dos tipos de voto hai un que ven sendo que si estás enfadado con algún partido colles o voto do oponente e dáslle con él na cara ao partido ao que votaches nas últimas eleccións. Chámanlle voto de castigo. É como dicerlle a un candidato .-"Hala!! castigado sen voto!! por malo!!"

En isto dos tipos de voto tamén há unha longa tradición de tipos de voto inventados pola santa-nai-igrexa:
- Voto de silencio: non vas a votar para non equivocarte.
- Voto de castidad: non vas a votar para evitar que che den polo cú.
- Voto de pobreza: négaste a votar a quen intente comprar o teu voto.
- Voto de obediencia: o máis habitual.

O voto de obediencia é o máis extendido entre os militantes dos partidos, pero ás veces há algúns que se plantexan abandonar o voto de obediencia e fundan outro partido. Para exemplo este de aquí..

lunes, 19 de marzo de 2007

VIPS

Por fin!! xá era hora!! Por fin un partido político que representa REALMENTE o sentir de todo un pobo. Un partido político que identifica ás claras as prioridades da sua maneira de facer política e no que os votantes se poden sentir plenamente identificados. Sen complexos, non importa cuais sexan esas prioridades sempre e cando sexan un refrexo do que a xente pensa.
¿Acaso a xente wapa non ten dereito a unha representación política digna?
Se existen aeroportos, restaurantes e hoteis con salas VIP, ¿por qué razón non habería de existir un partido VIP?
Está claro que en Sanxenxo facía falta algo así, por algo é o destino turístico VIP por excelencia. Os habitantes de Sanxenxo poderán votar nas próximas eleccións municipais ao VIPS (Vecinos Independientes Por Sanxenxo).
¿Estaremos ante o inicio da pantojización de Sanxenxo..?
O creador de tan xenial idea é José Luis Rodríguez, con currículum de ex-alcalde, e entre as propostas electorias están a de crear un AquaPark e un Complexo Termal
Claro que tamén pode ser que as apariencias enganen, e realmente o feito de que se chamen VIPS sexa unha ironía e traten precisamente de evitar novos casos Malaya na capital pija.

sábado, 3 de marzo de 2007

Habemus PP (en Vedra)

O PP de vedra é un partido aberto. Tan aberto é que a xente entra e sae del constantemente. E non me refiro só a que cambien de "cabeza" de lista (ou de listo) constantemente, cousa esta que lle pasa a todos os partidos que non gañan eleccións. Non, a cousa é que un que hoxe está no PP de Vedra, mañá estará nunha candidatura independente e viceversa.

No PP de Vedra estivo un tal Mogo, que se apresentou as eleccións con candidatura independente, sacou tres concelleiros e despois se pasou ao PP. Os do PP que xá estaban se cabrearon ao ver que Mogo lles pasaba por encima, pero aguantaron mentres foi alcalde.

Os cuatrienios triunfais do PP de Mogo acabaron cando outra candidatura independente, AVIVE, decidiu que en Vedra había que avivar (ollo, lema de campaña real eh?: "Vota AVIVE: porque en Vedra hay que avivar"). Tanto avivaron que sacaron tres concelleiros e pactaron co PSOE o reparto dos catro anos de alcaldia: 2 anos patí e 2 pamín.

Os de AVIVE ainda se apresentaron a outras eleccións, sacaron 2 e despois se uniron ao PP, que xá estaba sen Mogo e "reformado". Mentras tanto algúns dos clásicos do PP decidiron deixalo por non sei que asuntillo de unhas listas electorais caciquís, e decidiron montar a sua propia candidatura independente.

Agora o PP de Vedra, novamente reformado, ten un blog tan participativo que non lle fan falta os comentarios (mirar pero non tocar) e, sobre todo moi modelno. Claro que a idea que teñen de modernidade no PP é un pouquiño "original": Se tes tetas e pos o logo do PP encima delas entón eres moderno!!!. Segundo din as fotos se corresponden coa "desafiante apertura e conquistas da muller dentro da nosa sociedade". A cousa é de humor, seica.

Teño curiosidade por ver o slogan da campaña do PP de Vedra. Mentres tanto, se vos parece podemos facer algúnhas suxestións:
  • Vota PP, majete.
  • Ala bin, Ala ban, Ala binbonbán, pepé, pepé, mola más. (Este é moi integrador cas culturas árabes).
  • Por unha Vedra molona que te cagas: vota PP
  • .......