martes, 27 de febrero de 2007

Vota(me) A.M.I.

Instruccións para formar un partido político para concorrir ás eleccions municipais:
  1. Zangarse con todos os partidos políticos xá existentes. Pódese usar a típica fórmula "son todos iguais e hai que dar un ar novo á política municipal", ou ben a non menos típica "fai falta responder as necesidades reais dos veciños".
  2. Buscar quen poña os cartos para a campaña. O empresariado local é unha canteira moi fructífera para este fin: só fai falta buscar entre aqueles que non pillaron cacho na última lexislatura e prometerlles, por exemplo, tres ou catro farolas de alumeado público na sua factoria.
  3. Facer a lista. Chupao, quen mais quen menos é capaz de xuntar unha ducia ben plantada de posibeis candidatos. Iso si: há que poñer cota feminina e por parroquias para que se vexa que a candidatura é "representativa da realidade social do pobo".
  4. Poñerlle nome ao partido político resultante. Aquí é onde se ve que a imaxinación é un activo. Importantisimo o resultado das siglas, que deben dar unha idea clara de progrma político e as intencións da candidatura. Algúns exemplos: ARDE (Acción Republicana Democrática Española (república...iglesias..arde..., todo cadra)), ALDEA (Agrupacion para la Libertad y la Democracia en Aldea Centera (ollo, en Aldea centerita, eh? que non quede casa sin)), CIS (Candidatura Independiente por Silleda, (pensarán que manexando os inquéritos o teñen ganado..), CACA (Ciudadanos Agobiados y CAbreados, (...claro!!)), PIRATA (Partido Pirata, directamente), NOS (Nuevo Orden Social (é dizer: o noso)), etc, etc..

En Coruña temos un destes: o COR.CO.BA., Coruñeses con Buenos Argumentos. Este partido está liderado por Fernando Rodríguez Corcoba, ex-PP, e o seu nome se debe a que o seu ideario político é coruñesista. Polo menos o era, porque agora o presidente do CORCOBA abandona o partido por considerar que ten un "enfoque demasiado personalista". Meu pobre..

viernes, 23 de febrero de 2007

Carlus Marquesis

Con isto das ereccións municipais aparecen por todos os concellos novas especies políticas. Algunhas son de sobra coñecidas e desaparecen e aparecen en ciclos de 4 anos cunha esperanza de vida aproximada de uns 15 días. Estes son a maioria e todos os coñecemos ben.
Pero en Coruña há unha especie nova nunca antes vista.
Coruña é ao Reino Político o que Australia é ao Reino Animal: están os bichos mais raros, os nunca vistos, os que non poderían aparecer en ningunha outra parte. Coruña é un hábitat único para as especies políticas mais extranas.
Imaxínense ustedes o que debeu de pensar o primeiro europeu que viu un ornitorrinco, ese animal feito con restos de serie: pico de pato, cola de castor, patas de topo e parindo ovos. Pois o mismiño me pasou a min a primeira vez que me atopei co Carlus Marquesis, vulgarmente chamado Carlos Marcos.
O Carlos Marcos tamén está feito con restos de serie: apresentase polo partido galeguista (que reclama a identidade de Galicia como nación), fai toda a campaña en castelán e oposita a alcalde de "La Coruña". Antes de isto foi asesor de Manuel Pérez, ex-alcalde do PP en Vigo.
Ademais, o Carlos Marcos ten unha axencia de publicidade, Inco (porelculotela...), que lle leva toda a campaña e que lle organiza eventos como o de este anuncio publicado hoxe en La Voz de Galicia.
Iso si, o evento é en Palexco e a entrada libre. Aviso: o aforo é limitado!!! chamar para coller un sitio preferente!!!