martes, 27 de febrero de 2007

Vota(me) A.M.I.

Instruccións para formar un partido político para concorrir ás eleccions municipais:
  1. Zangarse con todos os partidos políticos xá existentes. Pódese usar a típica fórmula "son todos iguais e hai que dar un ar novo á política municipal", ou ben a non menos típica "fai falta responder as necesidades reais dos veciños".
  2. Buscar quen poña os cartos para a campaña. O empresariado local é unha canteira moi fructífera para este fin: só fai falta buscar entre aqueles que non pillaron cacho na última lexislatura e prometerlles, por exemplo, tres ou catro farolas de alumeado público na sua factoria.
  3. Facer a lista. Chupao, quen mais quen menos é capaz de xuntar unha ducia ben plantada de posibeis candidatos. Iso si: há que poñer cota feminina e por parroquias para que se vexa que a candidatura é "representativa da realidade social do pobo".
  4. Poñerlle nome ao partido político resultante. Aquí é onde se ve que a imaxinación é un activo. Importantisimo o resultado das siglas, que deben dar unha idea clara de progrma político e as intencións da candidatura. Algúns exemplos: ARDE (Acción Republicana Democrática Española (república...iglesias..arde..., todo cadra)), ALDEA (Agrupacion para la Libertad y la Democracia en Aldea Centera (ollo, en Aldea centerita, eh? que non quede casa sin)), CIS (Candidatura Independiente por Silleda, (pensarán que manexando os inquéritos o teñen ganado..), CACA (Ciudadanos Agobiados y CAbreados, (...claro!!)), PIRATA (Partido Pirata, directamente), NOS (Nuevo Orden Social (é dizer: o noso)), etc, etc..

En Coruña temos un destes: o COR.CO.BA., Coruñeses con Buenos Argumentos. Este partido está liderado por Fernando Rodríguez Corcoba, ex-PP, e o seu nome se debe a que o seu ideario político é coruñesista. Polo menos o era, porque agora o presidente do CORCOBA abandona o partido por considerar que ten un "enfoque demasiado personalista". Meu pobre..

7 comentarios:

Anónimo dijo...

a verdade é que na coruña estades como queredes, tedes de todo meu...

Anónimo dijo...

hai un especime deste tipo en Vedra. Na súa xuventude exerceu de lider revolucionario ingresando na falange, logo participou activamente nos gobernos do Alcalde fascista "carrillo", máis adiante foi destacado menbro de AP e do PP. Co paso dos anos foise moderando e pasou a ingresar nas abultadas filas dos "independientes" isto é o CDI, e agora para as próximas municipais integrouse en Terra Gaelega. Como él dí: manda carallo, aghora seica son nacionalista.

Anónimo dijo...

OS MOZOS DO PP DE A ESTRADA EN MARCHA!!

www.novasxeracionsdaestrada.blogspot.com

Anónimo dijo...

mimá...ke medo!!!

Anónimo dijo...

novas xeracións non era unha orquesta?

Anónimo dijo...

orquesta é o slogan do psoe "nuevos tiempos" como o de AP fai 40 millons de anos.jajaja !! e o bng será:

vota bng "Chupando x Galiza"

www.novasxeracionsdaestrada.blogspot.com

chimpín dijo...

Olá. Eu son da Estrada tamén, pero non deses da orquestra. De feito un chimpín da miña idade xa é vello. Nada, que temos alí un partido novo que cadra perfectamente coas caraterísticas que puxeches e quería pedirche para poñelas nun post (por suposto referindo autor e enlace).
Obrigado.