O PP de vedra é un partido aberto. Tan aberto é que a xente entra e sae del constantemente. E non me refiro só a que cambien de "cabeza" de lista (ou de listo) constantemente, cousa esta que lle pasa a todos os partidos que non gañan eleccións. Non, a cousa é que un que hoxe está no PP de Vedra, mañá estará nunha candidatura independente e viceversa.
No PP de Vedra estivo un tal Mogo, que se apresentou as eleccións con candidatura independente, sacou tres concelleiros e despois se pasou ao PP. Os do PP que xá estaban se cabrearon ao ver que Mogo lles pasaba por encima, pero aguantaron mentres foi alcalde.
Os cuatrienios triunfais do PP de Mogo acabaron cando outra candidatura independente, AVIVE, decidiu que en Vedra había que avivar (ollo, lema de campaña real eh?: "
Vota AVIVE: porque en Vedra hay que avivar"). Tanto avivaron que sacaron tres concelleiros e pactaron co PSOE o reparto dos catro anos de alcaldia:
2 anos patí e 2 pamín.
Os de AVIVE ainda se apresentaron a outras eleccións, sacaron 2 e despois se uniron ao PP, que xá estaba sen Mogo e "reformado". Mentras tanto algúns dos clásicos do PP decidiron deixalo por non sei que asuntillo de unhas listas electorais caciquís, e decidiron montar a sua propia candidatura independente.
Agora o PP de Vedra, novamente reformado, ten un
blog tan participativo que non lle fan falta os comentarios (
mirar pero non tocar) e, sobre todo moi modelno. Claro que a idea que teñen de modernidade no PP é un pouquiño "
original":
Se tes tetas e pos o logo do PP encima delas entón eres moderno!!!. Segundo din as fotos se corresponden coa
"desafiante apertura e conquistas da muller dentro da nosa sociedade". A cousa é de humor, seica.
Teño curiosidade por ver o slogan da campaña do PP de Vedra. Mentres tanto, se vos parece podemos facer algúnhas suxestións:
- Vota PP, majete.
- Ala bin, Ala ban, Ala binbonbán, pepé, pepé, mola más. (Este é moi integrador cas culturas árabes).
- Por unha Vedra molona que te cagas: vota PP
- .......