martes, 15 de mayo de 2007

As Farolas

As farolas son un clásico da política municipal galega. É certo que agora o tixolo as está a desbancar como prioridade caciquil, pero seguen a ter o seu público. Aquí vos deixo unha curtametraxe de un tal Abelardo Rendo sobre o tema. Non ten desperdicio.

domingo, 13 de mayo de 2007

A Mariña Dor

A operación Malaya ten o eco que ten porque hai folclóricas polo medio e ás revistas das vísceras encantanlle estas cousas. En Galiza mellor nos iria se Ana Kiro ou Karina Flanagan tivesen a repercusión mediática de Isabel Pantoja e Paquirrín, pero mentras tanto temos que conformarnos con a producción autóctona de noticias apócrifas, como esta da situación arquitectónica da Mariña Lucense: A Mariña Dor.

viernes, 11 de mayo de 2007

Cartelistas


Cuidado, xa están as rúas cheas de cartelistas.

domingo, 6 de mayo de 2007

The campañas

A campaña municipal bota-se encima. Os candidatos fan estiramentos de cordas vogais, inauguran obras que se abrirán ao público cando xá estean pasadas as eleccións e fan promesas bífidas. Nada novo.

Fan impresionantes esforzos para convencernos de porqué hai que votar a uns e non a outros, e para iso teñen xeniais ideas propagandísticas. Un clásico da propaganda caseira é Ramón Rodríguez Ares, alcalde de Sada independente do PP.

O historial de Moncho empezou con un mítico "Vota Moncho, o das medicinas sen receita" na sua primeira campaña eleitoral , chegou á categoria de clásico con un irrepetíbel "Moncho es mucho", e agora volve con outro slogan que promete: "MONCHO Y SADA ¡¡QUE PASADA!!" con xogo para votantes incluido.

De calqueira maneira as campañas de Moncho non son tan desafortunadas como a da Telemadride de Espe, a frase promocional é "Telemadrid, espejo de lo que somos", pero voz en off dí "Espe jode lo que somos".

jueves, 12 de abril de 2007

Buenos Aires querido

Segundo informa Galicia Confidencial nos próximos dias vai haber desembarco de politiquillos galegos en Arxentina. Ainda que na noticia só se refiren aos do PP, as ansias turísticas en época eleitoral son universais, e se ademais temos en conta que estamos ante unhas eleicións municipais, contaránse por centos, ou pode que miles, os concelleiros e alcaldábeis que collan o avión para ir a Bos Aires. É dicer, vanse gastar entre todos millóns de euros do diñeiro público para facer campaña.
Como isto parece inevitábel propoño que, polos menos, busquen precios competitivos para as suas asnsias propagandísticas. En Atrapalo.com encontrei estas tarifas que poño aquí, que ademais teñen o valor engadido de que son para viaxes só de ida. :-)


Con Vuelo Key sae por só 496 €, pero é de ida e volta :-(

viernes, 23 de marzo de 2007

Tipos de voto

Pois si é certo que se pode votar de diferentes maneiras. Os sociólogos deberian estudiar máis interpretacións que as dos típicos casos de voto en branco, voto nulo ou abstención.

Dentro dos tipos de voto hai un que ven sendo que si estás enfadado con algún partido colles o voto do oponente e dáslle con él na cara ao partido ao que votaches nas últimas eleccións. Chámanlle voto de castigo. É como dicerlle a un candidato .-"Hala!! castigado sen voto!! por malo!!"

En isto dos tipos de voto tamén há unha longa tradición de tipos de voto inventados pola santa-nai-igrexa:
- Voto de silencio: non vas a votar para non equivocarte.
- Voto de castidad: non vas a votar para evitar que che den polo cú.
- Voto de pobreza: négaste a votar a quen intente comprar o teu voto.
- Voto de obediencia: o máis habitual.

O voto de obediencia é o máis extendido entre os militantes dos partidos, pero ás veces há algúns que se plantexan abandonar o voto de obediencia e fundan outro partido. Para exemplo este de aquí..

lunes, 19 de marzo de 2007

VIPS

Por fin!! xá era hora!! Por fin un partido político que representa REALMENTE o sentir de todo un pobo. Un partido político que identifica ás claras as prioridades da sua maneira de facer política e no que os votantes se poden sentir plenamente identificados. Sen complexos, non importa cuais sexan esas prioridades sempre e cando sexan un refrexo do que a xente pensa.
¿Acaso a xente wapa non ten dereito a unha representación política digna?
Se existen aeroportos, restaurantes e hoteis con salas VIP, ¿por qué razón non habería de existir un partido VIP?
Está claro que en Sanxenxo facía falta algo así, por algo é o destino turístico VIP por excelencia. Os habitantes de Sanxenxo poderán votar nas próximas eleccións municipais ao VIPS (Vecinos Independientes Por Sanxenxo).
¿Estaremos ante o inicio da pantojización de Sanxenxo..?
O creador de tan xenial idea é José Luis Rodríguez, con currículum de ex-alcalde, e entre as propostas electorias están a de crear un AquaPark e un Complexo Termal
Claro que tamén pode ser que as apariencias enganen, e realmente o feito de que se chamen VIPS sexa unha ironía e traten precisamente de evitar novos casos Malaya na capital pija.