jueves, 12 de abril de 2007

Buenos Aires querido

Segundo informa Galicia Confidencial nos próximos dias vai haber desembarco de politiquillos galegos en Arxentina. Ainda que na noticia só se refiren aos do PP, as ansias turísticas en época eleitoral son universais, e se ademais temos en conta que estamos ante unhas eleicións municipais, contaránse por centos, ou pode que miles, os concelleiros e alcaldábeis que collan o avión para ir a Bos Aires. É dicer, vanse gastar entre todos millóns de euros do diñeiro público para facer campaña.
Como isto parece inevitábel propoño que, polos menos, busquen precios competitivos para as suas asnsias propagandísticas. En Atrapalo.com encontrei estas tarifas que poño aquí, que ademais teñen o valor engadido de que son para viaxes só de ida. :-)


Con Vuelo Key sae por só 496 €, pero é de ida e volta :-(

3 comentarios:

Anónimo dijo...

a verdade é que seria unha ideaza. Mandámolos para ala so con billete de ida, na Galiza quedaríamos aliviados e en Arxentina...ívanse cagar!!!

Anónimo dijo...

En Vedra estamos desolados. O noso Alcalde, o intrépido viaxeiro D. Odón Cobas está denuncidao ante a fiscalia por un presunto delito de prevaricación.

Total que contratou, parece ser que ilegalmente, ao seu fillo (tamén chamado Odon Cobas) e máis ao fillo de outro concelleiro do grupo de governo (psoe), saltandose todo o procedemento de contratación das administracións públicas (publicidade, merito, capacidade, etc).

Pobriño él, que sempre hai xente que mete as narices en todos os lados, caramba, co lo bien que lo llevaba. Oposicións a carta (estan impumnadas), contratacións a dedo... todo un exemplo de como levar unha administración pública.

Xa hai rumores de que Touriño lle vai conceder a medalla Castelao pola sua loita a prol dos dereitos da cidadanía

Anónimo dijo...

Ciber Alcaldable

Dende aestragada.com promovemos unha iniciativa pioneira na cal pretendemos facer un encontro cibernético dos alcaldables cos estradenses. A plataforma a empregar é por medio dun chat que se atopa xa dispoñibe, atoparades máis información nas Bases que rixen o encontro.

Tamen aproveitamos para informaros que temos unha sección feira donde todos os usuarios podrán poñer anuncios de forma gratuita de todo o que buscan ou se queiran desfacer.